Leonor da Provenza
Leonor da Provenza, nada en Aix-en-Provence, cara ao 1223 e finada en Amesbury, Wiltshire, o 24 de xuño de 1291, foi raíña consorte de Inglaterra polo seu matrimonio con Henrique III de Inglaterra, desde 1236 ata 1272. En 1253 foi a rexente de Inglaterra durante a ausencia do seu marido.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que foi completamente devota ao seu marido e o defendeu incondicionalmente en contra do rebelde Simon de Montfort, 6º conde de Leicester, foi moi odiada polos londinienses. Isto debeuse a que trala súa chegada a Inglaterra, trouxo con ela a un gran número de familiares no seu séquito, coñecidos como os "savoianos".[2] Este grupo gozou de grande influencia no goberno e na corte.[2] Nunha ocasión, a barca na que ía a raíña foi atacada polos cidadáns, quen lle lanzaron pedras, barro, ovos e verduras.[3]
Leonor tivo cinco fillos, entre os que se inclúe o rei Eduardo I de Inglaterra. Tamén é recordada pola súa intelixencia, habilidade para a poesía e as súas tendencias na moda.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Strickland, Agnes. Lives of the Queens of England: From the Norman Conquest
- ↑ 2,0 2,1 Costain 1959, p. 130-140.
- ↑ Costain 1959, p. 253-254.
- ↑ Costain 1959, p. 127.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leonor da Provenza |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costain, Thomas B. (1959). The Magnificent Century. Garden City, New York: Doubleday and Company.
Leonor da Provenza Nacemento: c. 1223 Falecemento: 24/25 de xuño de 1291
| ||
Realeza inglesa | ||
---|---|---|
Precedido por Isabel de Angulema
|
Raíña consorte de Inglaterra Señora de Irlanda 14 de xaneiro de 1236 – 16 de novembro de 1272 |
Sucedido por Leonor de Castela |